20 de abr. de 2017

Crónica da visita cultural á Real Academia Galega

Este non era un venres como os demais. Nin sequera tivemos que entrar en clase. Achegábanse as nove da mañá e esperábamos aos nosos compañeiros que si que entraran había case media hora. Saimos ás nove cara a Fernández Latorre, onde paramos a ver a antiga fabrica de tabacos dende a distancia ( e tomamos a primeira foto de grupo con esa construción de fondo). Xa pasadas as nove e media, chegamos a rúa Real, onde camiñamos ate o número 36, onde puidemos observar a placa que recorda que naquel lugar fundouse no ano 1927 a editorial Nós. Tras unha volta chegamos ate o número 43 da rúa Franxa, onde outra placa lémbranos que alí fundouse a primeira das Irmandades da Fala o 18 de maio de 1916. Pasadas ás dez, chegamos ao número 11 da rúa Tabernas e principal motivo da nosa saída: a sede da Real Academia Galega e a casa museo de Emilia Pardo Bazán.

 A Real Academia Galega ,inaugurada o 30 de Setembro de 1906, tivo a súa sede na Rúa Rego de Auga ata o 1920. Nese ano, por falta de espazo, trasladouse ao edificio do concello e alí estivo durante 58 anos. Despois no ano 1978, cambiou a súa sede, que pasou a ser este edificio que visitamos hoxe, onde ademais comparte edificio coa casa museo de Emilia Pardo Bazán. A sede tamén conta cunha sala de consulta na que existen biblioteca, hemeroteca e un Arquivo.

Alí amosáronnos a biblioteca, onde podes consultar entre numerosos libros escritos en galego, usar o seu wifi e o ordenador para facer consultas, etc.

Abaixo, no salón de actos, vimos o lugar onde se reúnen os membros da RAG, que está decorado con retratos de todos os presidentes históricos da RAG, Manuel Murguía, Andrés Martínez, Domingo García-Sabell, etc. dos que nos falou o noso guía Manuel.

Despois por último pasamos a ver a casa museo de Emilia Pardo Bazán, onde a parte de ver a alta calidade de vida que puido levar por como é a súa casa, vimos cousas moi relacionadas coa súa obra a vez que o noso guía nos ía contando cousas sobre esta gran escritora galega. Aproximadamente ás 11 e media abandonamos a casa para dirixirnos a praza de Azcárraga, onde tivemos un rato libre para descansar.

Logo da pausa, fomos visitar algúns lugares da cidade vella, tales como a igrexa de Santiago e Santa María do Campo, o xardín de San Carlos, o Arquivo do Reino de Galicia e a fundación Luís Seoane. Alí paramos outro anaco, xa que desgraciadamente o clima non acompañou e deu en chover, e como iamos ben de tempo decidimos agardar baixo unha cornixa a que parase un pouco. Cando amainou, voltamos pola avenida da marina para chegar ao noso último destino: os xardíns de Méndez Núñez. Alí puidemos observar certos monumentos, como o de Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Manuel Murguía, etc. xusto antes de voltar ao IES a iso das 2 do mediodía. Estaba claro que non fora un venres típico, oxalá fosen todos así...

Alejandro Barreiro e Ismael Bello








Ningún comentario:

Publicar un comentario