19 de mar. de 2017

A memoria da choiva

Autor: Pedro Feixoo
Título: A memoria da choiva
Publicación: 2013, Vigo pola editorial Xerais
Nº de páxinas: 468
Prezo: 22 euros

Ao principio da obra podemos atopar unhas citas de Rosalía de Castro, Suso de Toro e Jeff Tweedy. Posteriormente atopamos un prólogo escrito polo autor, no que nos conta que a súa nai ao arecer era unha santa pero ao final era xusto ao contrario. Esta obra trata de que Xosé Carneiro aparece co peito aberto no seu piso, o inspector Andrés Casapedra chama a Aquiles Vega o cal é un xornalista e asociase coa profesora Sofía Deneb. Chamanlles a atención a estes dous personaxes dous cousas en especial: a peza de ferro que tiña Xosé no corazón e a elevada violencia empregada neste acto. Pero, despois disto hai unha grande cadea de mortes. Aquiles e Sofía percorren moitas partes de Galicia en busca do asasino. Este libro relacionase coa materia debido a que contanos a vida de Rosalíade Castro e a que unha persoa que faise chamar Adriano manda correos electrónicos de versos de Rosalía a cal é considerada a autora máis importante da literatura galega. Este libro principalmente o que pode aportar aos alumnos é o interés pola cultura galega. 

Feito por: Alejandro Sanz

Ningún comentario:

Publicar un comentario